Proxectos interxeracionais

Proxectos interxeracionais levados a cabo coa residencia de anciáns “Santa Marta” e “AFAGA Alzheimer”.

Estes proxectos están orientados á creación de espazos de encontro e á realización de actividades conxuntas, fomentando o respecto e a cooperación entre nenos e nenas e adultos e adultas.

Tamén axuda a desenvolver valores e actitudes positivas como a tolerancia e a solidariedade interxeracional. Hai un intercambio importante de experiencias, con transmisión de tradicións e cultura popular.