Psicomotricidade

A estimulación psicomotora nos primeiros anos, promove o desenvolvemento cognitivo, social, físico e emocional dos nenos e nenas.

Neste cole, o alumnado da etapa de infantil, xunto co alumnado do Ciclo Superior en Educación Infantil, dedicamos dúas sesións semanais ao desenvolvemento cognitivo-motor, realizando actividades sensoriais, de motricidade fina, grosa e psicomotricidade, e unha terceira sesión impartida en inglés por unha mestra especialista en psicomotricidade .

Todo fundamentado nas etapas do desenvolvemento psicomotor, levado a cabo dun xeito profesional nun contexto lúdico, con actividades ben programadas e definidas nun ambiente relaxado. E sempre respectando o propio ritmo e interese do neno e nena.

Así o desfrute e aprendizaxe está asegurado!