Traballo por proxectos e recunchos

O Traballo por Proxectos é a metodoloxía que eliximos nas aulas de Educación Infantil do colexio San José de la Guía.

O éxito desta metodoloxía débese a que está fundamentada nos propios intereses do alumnado, que aprende a través de experiencias e vivencias. Con esta metodoloxía facemos que nenos e nenas sexan responsables, capaces e polo tanto competentes.

O noso obxectivo é que estes sexan autónomos, independentes, críticos e libres.

Pretendemos que os máis pequenos xoguen, manipulen e estimulen a súa creatividade…coa disposición, por recunchos, de todo tipo de materiais (mesa de luz, barro, area, fariña , lentellas…)

 Para o desenrolo dos proxectos pediremos de modo voluntario a vosa colaboración, aportando obxectos ou cosas feitas con materias de refugallo, traendo contos, cancións, debuxos ou murais que os máis pequenos e pequenas poidan ensinar e explicar.